lunes, 30 de mayo de 2011

Entrevista á escritora de Nata y Chocolate, Alicia Borrás

Ola a todos, hai taaaaanto que non escribo... pero é que estou ultimamente moi atarefada...
Pero de todos modos quérovos ensinar a entrevista que no noso club de lectura fixemos a Alicia Borrás, a escritora de "Nata y Chocolate". Agardamos que vos guste.


 ENTREVISTA:
Como se che ocorreu desenrolar a historia?,  a que se refire co morcego que sinte Sonia na barriga?.
Esta historia de Nata y Chocolate, naceu polo simple pracer de escribir, sen premeditación ningunha. Foi xurdindo pouco a pouco, pensando en vós e nas cousas que  vos poden suceder.
O morcego que Sonia sinte na súa barriga ten un nome: medo. Pareceume unha maneira moi sinxela de representalo. Cando un sente alegría, parece que unha bolboreta axita as súas ás dentro de nós ata chegar ao corazón.  Pensei que un morcego,  pola contra, poderíanos  produ cir angustia ou arrepíos. Por iso referinme ao medo dese xeito.

Baseouse nalgún feito real para escribir a historia?.
Cando alguén escribe un libro, de seguro que hai moitos feitos reais que lle dan forma, e tamén de seguro que existen unha dose de fantasía importante. Observar todo o que pasa arredor dun,  fai moito máis fácil o oficio de escribir.

Cres que poden haber moitos casos de acoso escolar?
Eu penso que senón moitos, si existen algúns, só por iso paga a pena reflexionar sobre eles.

Ten algunha Web ou Blog que poidamos visitar para saber algo máis sobre a súa forma de escribir ou sobre vostede?
Non teño, pero hei de ter. Prométovolo. De tódolos xeitos, poderedes estar en contacto conmigo todo o que queirades.

Como comezou a túa carreira de escritora?
Escribindo. Dende nena o fago, e aínda non lle perdín o gusto, máis ben podería dicir que cos anos vai medrando moito máis. Agora faime moi feliz saber que vós estades aí lendo algo que eu vos conto. Grazas por iso.

Ten algún autor ou autora que sexa fonte de inspiración para as súas historias?
Aínda que non o recorde, claro que os haberá. Os libros  que un le, forman parte da nosa vida  para sempre… aínda así sempre digo que a miña principal fonte de inspiración sodes vós. Creo moitísimo en todo o que me ides contando día a día.
Que libros e películas lle gustan?
Hai tantos!…. e tantas películas, gústame moito o cine español e  o arxentino, gústanme sobre todo as películas que  me fan saír do cine cun sorriso, aínda que sexan moi tristes ou duras.

E isto é todo, agardamos con todo o noso agarimo que desfrutásedes de verdade con esta entrevista. Non esquezades comentar! ^_^