lunes, 6 de junio de 2011

Iremos á biblioteca municipal

Esta semana iremos de excursión a biblioteca Municipal. O noso profesor de Lingua Castelá e Literatura levaranos aos alumnos e poderemos observar múltiples cousas: Como facer un carnet (gratuíto) para acceder aos contidos da biblioteca, os libros dos que dispoñemos os cidadáns, etc.
 Máis tarde colgaremos as nosas expectativas sobre a biblioteca, os seus usos , etc.

lunes, 30 de mayo de 2011

Entrevista á escritora de Nata y Chocolate, Alicia Borrás

Ola a todos, hai taaaaanto que non escribo... pero é que estou ultimamente moi atarefada...
Pero de todos modos quérovos ensinar a entrevista que no noso club de lectura fixemos a Alicia Borrás, a escritora de "Nata y Chocolate". Agardamos que vos guste.


 ENTREVISTA:
Como se che ocorreu desenrolar a historia?,  a que se refire co morcego que sinte Sonia na barriga?.
Esta historia de Nata y Chocolate, naceu polo simple pracer de escribir, sen premeditación ningunha. Foi xurdindo pouco a pouco, pensando en vós e nas cousas que  vos poden suceder.
O morcego que Sonia sinte na súa barriga ten un nome: medo. Pareceume unha maneira moi sinxela de representalo. Cando un sente alegría, parece que unha bolboreta axita as súas ás dentro de nós ata chegar ao corazón.  Pensei que un morcego,  pola contra, poderíanos  produ cir angustia ou arrepíos. Por iso referinme ao medo dese xeito.

Baseouse nalgún feito real para escribir a historia?.
Cando alguén escribe un libro, de seguro que hai moitos feitos reais que lle dan forma, e tamén de seguro que existen unha dose de fantasía importante. Observar todo o que pasa arredor dun,  fai moito máis fácil o oficio de escribir.

Cres que poden haber moitos casos de acoso escolar?
Eu penso que senón moitos, si existen algúns, só por iso paga a pena reflexionar sobre eles.

Ten algunha Web ou Blog que poidamos visitar para saber algo máis sobre a súa forma de escribir ou sobre vostede?
Non teño, pero hei de ter. Prométovolo. De tódolos xeitos, poderedes estar en contacto conmigo todo o que queirades.

Como comezou a túa carreira de escritora?
Escribindo. Dende nena o fago, e aínda non lle perdín o gusto, máis ben podería dicir que cos anos vai medrando moito máis. Agora faime moi feliz saber que vós estades aí lendo algo que eu vos conto. Grazas por iso.

Ten algún autor ou autora que sexa fonte de inspiración para as súas historias?
Aínda que non o recorde, claro que os haberá. Os libros  que un le, forman parte da nosa vida  para sempre… aínda así sempre digo que a miña principal fonte de inspiración sodes vós. Creo moitísimo en todo o que me ides contando día a día.
Que libros e películas lle gustan?
Hai tantos!…. e tantas películas, gústame moito o cine español e  o arxentino, gústanme sobre todo as películas que  me fan saír do cine cun sorriso, aínda que sexan moi tristes ou duras.

E isto é todo, agardamos con todo o noso agarimo que desfrutásedes de verdade con esta entrevista. Non esquezades comentar! ^_^ 

miércoles, 13 de abril de 2011

El museo de los sueños

Fahrenheit 451

Ola, como dixemos onte, hoxe imos escribir información sobre un dos libros máis destacados de Ray Bradbury: "Fahrenheit 451".
O título, fai referencia a temperatura ao que arde o papel. O protagonista é un bombeiro, e os bombeiros na sociedade que trata o libro teñen o deber de queimar libros polos seus contidos para que a xente sexa unha inepta.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Libros en galego de Alicia Borrás



Alicia Borrás Sanjurjo, ademais de Nata y Chocolate, escribiu outras moitas historias, entre outras, algunhas en galego, como os que a continuación imos citar:

  • O mar é noso .............................................................. Xuvenil.

  • Quen son? .................................................................. Infantil.

  • O furancho de Lavesedo .............................................. Infantil.

jueves, 24 de marzo de 2011

Visita de Alicia Borrás Sanjurjo

A escritora Alicia Borrás, autora de "Nata y chocolate" visitaranos o día 30.
  Faranos unha presentación do libro e firmará exemplares do libro.

Nós, os encargados do club de lectura "Os morcegos", prepararemos unha sorpresa...

Tamén temos lista unha entrevista que faremos a Alicia Borrás e despois colgareina no Blog.
Isto promete, así que non vos perdades a entrevista, o resume da presentación do libro, etc.
Un saúdo: Libromaníaca.

martes, 22 de febrero de 2011

Ray Bradbury

Ray Bredbury é o xenio da literatura de ciencia-ficción. Naceu un 22 de agosto de 1920 en Waukegan. Principalmente coñecido por Crónicas de escroto.
 A súa familia mudouse varias veces ata asentarse nos Ángeles.
 Alí cursou estoudos e, finalmente, agora é o maior escritor de ciencia-ficción, as súas obras máis famosas (das que falaremos na próxima entrada) son Crónicas marcianas e Fahrenghein 451.
Ata a próxima: Libromaníaca e Escritora.